Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 21 de xuño de 1995 Páx. 4.848

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 1995, do tribunal que xulgará o procedemento selectivo para acceso ó corpo de profesores de música e artes escénicas, na disciplina de canto, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar en que se fará a presentación dos aspirantes e se anuncia tamén a data, a hora e o lugar en que se celebrará a proba de coñecementos de lingua galega e a primeira parte da proba.

De acordo coa base común 6.2 da Orde do 8 de xuño de 1994 (DOG do 10 de xuño), pola que se convocaban procedementos selectivos para acceso

ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais e idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, este tribunal de canto acorda o seguinte:

Primeiro.-Acto de presentación dos opositores:

Data: 4 de xullo de 1995

Hora: 10

Centro: C.M.S.E. da Coruña, Praza do Conservatorio s/n.

Segundo.-Realización da proba de coñecementos de lingua galega:

Data: 4 de xullo de 1995

Hora: 12

Centro: C.M.S.E. da Coruña, Praza do Conservatorio s/n.

Terceiro.-Realización da primeira parte da proba:

Data: 6 de xullo de 1995

Hora: 16

Centro: C.M.S.E. da Coruña, Praza do Conservatorio s/n.

Recórdase que, de conformidade co apartado 6.3 da Orde do 8 de xuño de 1994, a asistencia ó acto de presentación é obrigatoria, e decaerán nos seus dereitos os aspirantes que non comparezan.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 1995.

Presidente do tribunal