Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 21 de xuño de 1995 Páx. 4.849

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 1995, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se corrixen erros producidos nalgunhas resolucións de tribunais que citan os opositores para as probas do proceso selectivo para ingreso no corpo de mestres.

Advertidos erros nas resolucións do 31 de maio de 1995 (DOG do 13 de xuño) dos tribunais encargados de xulga-las probas do procedemento selectivo para acceso ó corpo de mestres, citan os aspirantes para o acto de presentación, proba de coñecementos de lingua galega e a proba práctica, cómpre face-la seguinte modificación.

Nas resolucións dos tribunais nomeados para valora-las probas dos aspirantes, funcionarios do corpo de mestres, que se presentan para adquisición dunha nova especialidade, onde di: «Resolución de 31 de maio de 1995, ...., e o lugar en que se celebrará a proba de coñecementos de lingua galega e a proba práctica», debe dicir: «Resolución do 31 de maio de 1995, ..., e o lugar en que se celebrará a proba práctica».

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 1995.

Jaime García García

Director xeral de Persoal