Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 21 de xuño de 1995 Páx. 4.849

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 1995, da Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente, pola que se anula o concurso público que ten por obxecto a subministración de terminais da rede Trunking, publicado no Diario Oficial de Galicia, nº 111 do 12 de xuño de 1995.

Publicada no Diario Oficial de Galicia número 111 do día 12 de xuño de 1995 a Resolución do 4 de maio do mesmo ano da Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, do contrato de subministración de terminais da rede Trunking, faise materialmente imposible a tramitación regulamentariamente prevista, xa que xurdiron difilcultades técnicas no obxecto do concurso. Por todo isto,

RESOLVO:

Anula-lo expediente de concurso público número 1179/1995 que ten por obxecto a subministración de terminais da rede Trunking, en canto non se proceda a supera-las dificultades xurdidas.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 1995.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente