En cumprimento do disposto na normativa legal vixente sobre depósito de estatutos, de asociacións profesionais, e para os efectos previstos nela, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou o día 10 de maio de 1995, acta da reunión extraordinaria da Xunta Directiva da Asociación celebrada o 25 de abril de 1995, pola que se acorda por unanimidade a modificación do artigo 3 dos estatutos, referente ó traslado do domicilio da mencionada asociación.
Santiago de Compostela, 16 de maio de 1995.
Juan Pedrosa Vicente
Director xeral de Relacións Laborais

