Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 26 de xuño de 1995 Páx. 5.016

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Gallega de Corredores y Corredurías de Seguros.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados acta de constitución e estatutos da Asociación Gallega de Corredores y Corredurías de Seguros, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: a devandita asociación comprenderá tódolos profesionais que desenvolvan as actividades dos corredores e das corretaxes de seguros.

Asinan a acta de constitución: José Luis Merino Carrera e dezaoito persoas máis.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais