Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 26 de xuño de 1995 Páx. 5.018

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 4 de maio de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se notifican expedientes sancionadores incoados por infracción administrativa na orde social.

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servicio de correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro (artigo 59 da Lei de procedemento administrativo de 1992) pola presente cédula notifícaselles ás empresas relacionadas no anexo as resolucións na orde social.

Faise saber que as ditas resolucións poñen fin á vía administrativa e os interesados poden formular contra elas recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a súa publicación ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido na Lei do 27 de decembro de 1956, modificada pola do 17 de marzo de 1973, 30 de abril de 1992 e a do 26 de novembro de 1992.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais