Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 26 de xuño de 1995 Páx. 5.018

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación directa da obra de ampliación da gardería de Coia en Vigo.

Esta delegación provincial, en virtude do Decreto 87/1990, do 15 de febreiro, sobre desconcentración de competencias en materia de contratación administrativa, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación directa da obra que se cita:

Ampliación da gardería de Coia (Vigo).

Orzamento do contrato: 3.747.580 ptas.

Prazo de execución: 1 mes.

O proxecto e o prego de cláusulas administrativas particulares están a disposición dos interesados nas dependencias da delegación provincial da consellería, rúa María Berdiales, número 20, entresollado, Vigo.

O prazo para a presentación das proposicións será de dez (10) días hábiles contados a partir do día da publicación do presente anuncio no DOG e rematará ás 13 horas do derradeiro día do prazo; se este coincide en sábado, o prazo rematará o seguinte día hábil.

As propostas axustaranse ó modelo que figura unido ó prego de cláusulas administrativas particulares, e a súa presentación farase no rexistro xeral da delegación provincial en sobre pechado ou por correo segundo os procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

A apertura das propostas terá lugar ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación das licitacións; pasará ó luns se este coincide en sábado.

O importe do presente anuncio será por conta da empresa adxudicataria.

Vigo, 18 de maio de 1995.

Sagrario Franco Malvar

Delegada provincial de Pontevedra