A Dirección Médica do Hospital Comarcal da Costa de Burela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191, do 3 de outubro) en relación co disposto no apartado c do artigo 6 do Decreto 148/1991, do 2 de maio, polo que se establecen os órganos de dirección e colexiados dos hospitais da Comunidade Autónoma de Galicia dependentes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e xestionados polo Servicio Galego de Saúde e se determinan as súas funcións, convoca o seguinte concurso público (C.P. 1/1995) para a contratación do servicio de limpeza deste hospital.
Obxecto e orzamento: a contratación do servicio de limpeza deste hospital, por un orzamento mensual máximo de 5.000.000 de ptas. (cinco millóns de pesetas) IVE incluído.
Prazo de execución: será o comprendido entre a súa sinatura, trala adxudicación e o 31 de decembro de 1995, podendo preverse a súa modificación e a súa prórroga, por mutuo acordo das partes, antes de finalizar, conforme o artigo 5 do Decreto 1005/1974.
Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Subministración do Hospital Comarcal da Costa de Burela, rúa Rafael Vior, s/n, 27880 Burela, Tfno. (982) 58 99 07 en días laborais de 9 ata as 14 horas.
Fianzas: a fianza provisional será do dous por cento do orzamento da licitación (900.000 ptas.), que se constituirá segundo o disposto no artigo 112 da Lei de contratos do Estado en o 340 do seu regulamento.
A fianza definitiva será do catro por cento do orzamento da licitación (l.800.000 ptas.), que se constituirá segundo o disposto no artigo 113 da Lei de contratos do Estado e no 350 do seu regulamento.
Clasificación: requírese a seguinte, grupo III, subgrupo 6, categoría C.
Presentación das proposicións: as proposicións deberán de presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do hospital, antes das 14 horas do vixésimo día hábil contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG ou por correo na forma sinalada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola Mesa de Contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Comarcal da Costa de Burela, ás 12 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.
Documentación que deberán achega-los licitadores: deberán achega-los documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.
Burela, 28 de febreiro de 1995.
Fernando Varela Noreña
Director médico do Hospital Comarcal da Costa de Burela

