Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 26 de xuño de 1995 Páx. 5.019

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARES

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello en sesión celebrada o día 5 de maio de 1995, o plan parcial denominado A Granxa correspondente a unha unidade de solo apto para urbanizar das normas subsidiarias de planeamento do municipio de Ares, sométese a información pública por prazo de un mes, que se contará a partir do día seguinte ó da publicación do último anuncio no DOG ou BOP, durante o cal poderá ser examinado na secretaría do concello para formular as alegacións que se coiden pertinentes.

Quedan suspendidas por dous anos as licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición no ámbito territorial, comprendido no citado do plan parcial, por supoñe-las novas determinacións, modi

ficación do réxime urbanístico vixente. A suspensión extinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva do plan.

Ares, 10 de maio de 1995.

Alcalde-Acctal.

Rubricado