Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 26 de xuño de 1995 Páx. 5.020

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO sobre a aprobación inicial do proxecto modificado da urbanización do parque empresarial de Bueu.

Aprobado inicialmente polo Pleno deste Concello, en sesión extraordinaria urxente celebrada o día 2 de marzo de 1995, o modificado do proxecto de urbanización do parque empresarial de Bueu, redactado polo equipo Alameda 12, S.L., anúnciase o sometemento ó trámite de información pública, durante o prazo de quince días, contado a partir da data da súa publicación no BOP.

Os interesados poderán consulta-lo expediente na secretaría do concello, e presentar alegacións no rexistro xeral, dentro do prazo sinalado.

Bueu, 3 de marzo de 1995.

Manuel Freire Lino

Alcalde