Aprobado incialmente polo Concello Pleno, con data, 3 de maio de 1995, o proxecto de urbanización na rúa Castro Salcidos (3488/41l), redactado polo arquitecto Xosé Carlos Rodríguez Otero e visado polo COAG con datas 12 de xaneiro e 18 de abril de 1995; sométese a información pública polo prazo de quince días hábiles con anuncios no DOG, Faro de Vigo, BOP e taboleiro de anuncios da Casa do Concello, con notificacións individuais.
O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días, contados desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.
De non presentarse ningunha alegación na exposición pública ó proxecto, automaticamente, considerarase aprobado definitivamente.
O que se fai público para xeral coñecemento, significando que a documentación se atopa na oficina municipal de información para exame e alegacións.
Vigo, 10 de maio de 1995.
Carlos A. González Príncipe
Alcalde

