Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 30 de xuño de 1995 Páx. 5.196

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 181/1995, do 16 de xuño, polo que se acepta a cesión a título gratuíto dun terreo de 3.000 metros cadrados, sito na parroquia de San Estevo de Buño, termo municipal de Malpica de Bergantiños (A Coruña), feita a favor da Comunidade Autónoma de Galicia para instalación dun pavillón para a exposición permanente dos recursos da comarca de Bergantiños.

O Pleno da Corporación municipal de Malpica de Bergantiños, en sesión celebrada o 1 de decembro de 1994, acordou a cesión á Xunta de Galicia dun terreo de 3.000 m para a construcción dun pavillón para a exposición permanente dos recursos da comarca de Bergantiños.

Conforme os artigos 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 34 do seu regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens a título gratuíto ou lucrativo requirirá decreto do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda. Así mesmo, os artigos 23.1º da mesma lei e 38.1º do regulamento establecen que non se poderán adquirir bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor dos gravames, cargas ou afeccións impostos sobre eles supere o seu valor intrínseco; se ben non

se considera carga, gravame ou afección os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente ou doador.

Na súa virtude, de conformidade coa proposta da Consellería de Economía e Facenda, feita nos termos nos que o Concello de Malpica de Bergantiños acordou a cesión, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezaseis de xuño de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acepta-la cesión gratuíta do terreo de 3.000 m, pertencente ó Concello de Malpica de Bergantiños, sito na parroquia de San Estevo de Buño, no sitio da Camposa, que linda: ó norte, estrada LC-420 de Buño a Malpica; ó sur e leste, predio matriz; ó oeste, camiño de titularidade municipal.

O inmoble descrito constitúe unha parcela a segregar doutro inscrito no Rexistro da Propiedade de Carballo, no tomo 580 do arquivo, libro 84 do Concello de Malpica de Bergantiños, folio 123, predio nº 5.370.

Artigo 2º

O inmoble cedido destínase á instalación dun pavillón para a exposición permanente dos recursos da comarca de Bergantiños.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente documento público e á inscrición do ben no Rexistro da Propiedade a nome da Comunidade Autónoma.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites necesarios para a efectividade do presente decreto.

Santiago de Compostela, dezaseis de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda