Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 30 de xuño de 1995 Páx. 5.196

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 20 de xuño de 1995 sobre os modelos de impresos que se utilicen na declaración-liquidación dos tributos cedidos e impostos propios da Comunidade Autónoma de Galicia.

A xeneralización do réxime de declaración-liquidación na iniciación do procedemento de xestión tributaria, xunto á implantación de medios informáticos para o tratamento da información derivada dela, determinan que, ademais da existencia dun

modelo oficial de declaración-liquidación para cada tributo, sexa necesario, a prol da axilización da actividade administrativa, que o mesmo sexa susceptible do correspondente tratamento mecanizado. Por todo isto,

DISPOÑO:

Primeiro.-No ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia os modelos de impresos que se van empregar nas declaracións-liquidacións de tributos cedidos e do imposto sobre o xogo do bingo, que se relacionan no anexo a esta orde, serán os aprobados pola normativa reguladora de cada un deles, que, adaptados ás características propias da nosa comunidade, confecciona o Colexio de Orfos de Facenda.

Segundo.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte da súa publicación.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 1995.

José A. Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO

Relación de modelos.

-Modelo 045: taxa fiscal sobre o xogo. Máquinas ou aparellos automáticos.

-Modelo 043: taxa fiscal sobre o xogo. Bingo

-Modelo 001: imposto sobre o xogo do bingo.

-Modelo 600: imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

-Modelo 610: pagamento en metálico do imposto que grava os recibos negociados por entidades de crédito.

-Modelo 620: compravenda de determinados medios de transporte entre particulares.

-Modelo 30A: exceso de letras de cambio.

-Modelo 650: imposto sobre sucesións e doazóns. Autoliquidación doazóns.

-Modelo 651: imposto sobre sucesións e doazóns. Autoliquidación sucesións.