Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 30 de xuño de 1995 Páx. 5.197

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 21 de xuño de 1995 pola que se fixa o procedemento de ingreso en período voluntario da taxa polos servicios administrativos de expedición de títulos académicos e profesionais correspondentes ás ensinanzas establecidas pola LOXSE.

O Real decreto 733/1995, do 5 de maio, sobre expedición de títulos académicos e profesionais correspondentes ás ensinanzas establecidas pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo contén as normas reguladoras das condicións nas que terá que levarse a cabo e supón a asunción por parte da nosa Comunidade Autónoma da competencia para a dita expedición.

O artigo 7 do dito decreto establece que as taxas que teñan que aboa-los interesados nos casos e polos conceptos que procedan constituirán ingresos esixibles pola Administración que expida os títulos; a súa contía será a fixada na correspondente normativa de ámbito nacional e para efectos de fixa-lo procedemento de recadación diríxese a presente orde,

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A taxa polos servicios administrativos de expedición de títulos académicos e profesionais correspondentes as ensinanzas establecidas pola LOXSE recadarase segundo o disposto na orde desta consellería, do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma e normativa que a modifica, en especial a Orde do 29 de xuño de 1994 pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2º

Para os efectos da aplicación da normativa a que se refire o artigo anterior o código de ingreso correspondente á citada taxa será: 32.20.00

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 1995.

José A. Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA