Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 30 de xuño de 1995 Páx. 5.199

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 183/1995, do 16 de xuño, polo que se declara a urxente ocupación, no expediente de expropiación forzosa, dos terreos necesarios para a explotación da concesión de lousa Rozadais número 4.271, da provincia de Ourense, solicitada por Andrés López López.

Andrés López López, con domicilio social en Sobradelo, termo municipal de Carballeda de Valdeorras, da provincia de Ourense, solicitou da Consellería de Industria e Comercio a incoación do expediente de expropiación forzosa polo procedemento de urxencia coa finalidade de prosegui-la explotación na concesión mineira de lousa denominada Rozadais número 4.271, sita no lugar de Rozadais,

termo municipal de Carballeda de Valdeorras, da provincia de Ourense, os predios afectados, no citado lugar e municipio, son os seguintes:

-Parcela nº 1, de 380 m, propiedade de Ramiro Fernández Carrera, con domicilio en Casaio-Carballeda de Valdeorras.

-Parcela nº 2, de 30.500 m, propiedade de Félix Segovia Anaya, con domicilio en Fernández Ladreda, 10 (Segovia).

A solicitude foi efectuada conforme o disposto no artigo 105 da Lei de minas do 21 de xullo de 1973 e no artigo 131 do seu Regulamento do 25 de agosto de 1978, así como no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 e artigo 56 do seu Regulamento, do 26 de abril de 1957.

Tramitado o correspondente expediente pola Delegación Provincial de Industria e Comercio de Ourense, foi sometido ó trámite de información pública, mediante a publicación da relación de predios, propietarios afectados e domicilio, lugar, e superficie afectada, no Boletín Oficial del Estado (6-4-1994 nº 82), Diario Oficial de Galicia (22-4-1994 nº 77), BOP de Ourense (13-9-1994 nº 210), xornal La Región do 19-3-1994, así como no taboleiro de anuncios do Concello de Carballeda de Valedoras, enviándose notificacións individuais con xustificante ós interesados dos eidos afectados.

Como consecuencia da información pública e notificacións individuais, foi presentado escrito de alegacións contra a procedencia de expropiación por parte de Félix Segovia Anaya, propietario dun dos dous predios afectados (parcela nº 2), no que aduce unha serie de razoamentos sobre a inadecuación do procedemento expropiatorio non argumentando en concreto razóns de fondo ou forma que puideran ser tidas en consideración, polo que procede a súa desestimación posto que non impugnan as razóns obxectivas que fan precisa a ocupación do predio con urxencia, todo iso con base no que consta no informe da Delegación Provincial de Industria de Ourense do 29 de marzo de 1995, e na memoria-proposta da Subdirección Xeral de Enerxía e Minas do 15 de maio de 1995.

Considérase xustificada a urxente ocupación dos terreos afectados para prosegui-la explotación e normal desenvolvemento da explotación e con iso evita-la súa paralización, cos conseguintes prexuízos laborais e económicos, pola declaración de desafiuzamento e posterior lanzamento duns terreos que afectando en parte á concesión, abranguen aqueles onde se localiza a totalidade dos labores extractivos, polo que a superficie que afecta a estes frentes (que vén ser unha terceira parte da superficie obxecto de desafiuzamento), faise imprescindible e necesaria a súa dispoñibilidade inmediata para efectos de poder asegura-la continuidade desa actividade que se iniciou fai máis de vintecinco anos.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Industria e Comercio e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do dezaseis de xuño de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declárase urxente, segundo o citado artigo 105 da Lei de minas e para os efectos dispostos no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, a ocupación dos predios sitos no lugar de Rozadais, municipio de Carballeda de Valdeorras (Ourense), definidos nos plans presentados e dos que se publicou relación nos boletíns citados, predios que é necesario expropiar para dar continuidade á explotación da concesión de lousa denomeada Rozadais nº 4.271 de Ourense, da cal é titular Andrés López López.

Santiago de Compostela, dezaseis de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio