Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 30 de xuño de 1995 Páx. 5.207

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 21 de xuño de 1995 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, por Orde do 27 de marzo de 1995 (DOG nº 101, do 29 de maio), esta consellería, en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, dispón resolver sobre o posto sen cubrir:

1. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, e selecciona-lo funcionario que se sinala no anexo da presente orde.

2. O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza, producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente preste servicios o funcionario, ou de un mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

3. A xefatura do persoal do centro onde cause alta o funcionario efectuará, dentro dos prazos sinalados anteriormente, as dilixencias de toma de posesión e seguidamente serán realizados os trámites para a súa alta en nómina.

Das dilixencias efectuadas serán remitidas copias á Dirección Xeral da Función Pública, da consellería da Presidencia e Administración Pública.

4. Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

Nº rexistro persoal: 3330599968-A2071.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Vázquez Seijas, Víctor Manuel.

Posto de traballo: asesor xurídico.

Nivel: 30.

Localidade: Santiago de Compostela.

Dependencia: Asesoría Xurídica Xeral.