Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 30 de xuño de 1995 Páx. 5.207

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 8 de xuño de 1995 pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados entre profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño.

De conformidade co establecido na base décimo oitava da orde desta consellería do 6 de outubro de 1994 (DOG do 17), pola que se convocaba concurso de traslados entre profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres de taller de artes plásticas o deseño, para a provisión de prazas vacantes neses centros.

Esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Adxudicar destino definitivo en virtude do concurso de traslados ós profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño que figuran nos anexos I, II e III respectivamente, nos centros que alí se especifican.

Segundo.-Os interesados tomarán posesión dos novos destinos que se lles adxudican por esta orde os días 12 e 13 do próximo mes de setembro, e incorporaranse ós centros os días 14 e 15 do mesmo mes. A referida toma de posesión producirá efectos económicos e administrativos desde o día 1 de outubro de 1995.

Terceiro.-Os profesores participantes neste concurso de traslados que presentasen documentación poderán retirala eles mesmos ou por medio de persoa autorizada no Servicio de Persoal de Ensinanza Secundaria e Especiais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (San Caetano, Santiago de Compostela), no prazo de un mes contado a partir de que transcorran dous meses desde a publicación da presente orde.

O que lles comunico para o seu coñecemento e demais efectos.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Sr. Director Xeral de Persoal