Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 30 de xuño de 1995 Páx. 5.208

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 9 de maio de 1995 pola que se procede a adxudicación, mediante o procedemento de libre designación, do posto de traballo de xefe do Servicio de Xestión na Delegación Provincial de Ourense desta consellería.

A sentencia número 106/1995 da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 22 de febreiro de 1995 anula o nomeamento efectuado na orde desta consellería do 21 de maio de 1991 pola que se adxudicou polo procedemento de libre designación a pra

za de xefe do Servicio de Xestión na Delegación Provincial de Ourense, por entender, na súa fundamentación xurídica, que a falta do preceptivo informe previo do titular do centro directivo onde figura adscrito o devandito posto de traballo é requisito legalmente ineludible para proceder ó nomeamento.

Permanecendo invariables no proceso de provisión do referido posto de traballo as actuacións dirixidas a súa adxudicación, desde a orde de convocatoria do 2 de abril de 1991 (Diario Oficial de Galicia do 19 de abril) ata o momento inmediatamente anterior a aquel en que debe emiti-lo preceptivo informe, esta consellería retrotrae o procedemento xustamente ata ese momento en que o vicio se cometeu estimando, en aplicación do artigo 66 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que deben conservarse aqueles actos e trámites que mantivesen igual o seu contido de non se comete-la infracción; e, unha vez visto o informe do delegado provincial de Ourense do 5 de maio de 1995, e facendo uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e o artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da referida lei,

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo xefe do Servicio de Xestión na Delegación Provincial desta consellería en Ourense, nivel 28, co código ICC991000032001005, a Juan Pedro García de la Barrera Castellanos, funcionario de carreira do corpo facultativo de grao medio (grupo B) da Xunta de Galicia, con nº de rexistro persoal 7063466313 A2079.

Segundo.-A toma de posesión da praza adxudicada deberá realizarse de conformidade cos prazos establecidos, no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-O centro onde cause alta o funcionario realizará, dentro dos prazos recollidos no apartado anterior, a dilixencia de toma de posesión.

Cuarto.-Contra esta orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comunicando previamente a esta consellería a vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 1995.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio