Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 30 de xuño de 1995 Páx. 5.209

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 19 de xuño de 1995 pola que se resolve convocatoria pública para a provisión; polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes na Consellería de Industria e Comercio.

Convocada por Orde do 21 de abril de 1995 (DOG número 94, do 18 de maio), a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais da Consellería de Industria e Comercio, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais da Consellería de Industria e Comercio, anunciada pola Orde do 21 de abril de 1995 (DOG número 94, do 18 de maio).

Segundo.-Adxudicar destino, nos postos de traballo que se indican, ós funcionarios que se relacionan no anexo á presente orde.

Terceiro.-O cesamento no actual destino dos funcionarios que obtiveron a praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión das prazas adxudicadas deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que prestan os seus servicios os funcionarios, ou no prazo de un mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-O centro onde cause alta o funcionario realizará, dentro dos prazos reflectidos no apartado anterior, a dilixencia de toma de posesión.

Quinto.-Contra esta orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comunicando previamente a esta consellería a vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 1995.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO

Nº rexistro persoal: 3322521968 A2060.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Muñoz Chesa, Mª Jesús.

Posto de traballo: subdirectora xeral de Consumo.

Nivel C.D.: 30.

Dependencia: Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nº rexistro persoal: 3606331846 A2064.

Grupo: A.

Apelidos e nome: González González, José Manuel.

Posto de traballo: subdirector xeral de Fomento Empresarial e Tecnoloxía Industrial.

Nivel C.D.: 30

Dependencia: Dirección Xeral de Industria.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nº rexistro persoal: 3424660957 A2060.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Fernández Núñez, José Manuel.

Posto de traballo: xefe Servicio Ordenación e Promoción Interna.

Nivel C.D.: 28.

Dependencia: Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Localidade: Santiago de Compostela.