Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 30 de xuño de 1995 Páx. 5.211

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anula a convocatoria do concurso da asistencia técnica consistente no deseño, instalación, montaxe e atención dun stand institucional da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, na feira Anuga-Colonia, World Food Market, en Alemaña, publicada no DOG número 103, do 31 de maio de 1995, e convócase nova licitación.

Por Resolución do 23 de maio de 1995 convocouse por concurso a asistencia técnica consistente no deseño, instalación, montaxe e atención dun stand institucional da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, na feira Anuga-Colonia, World Food Market, en Alemaña. Con posterioridade comprobouse que a clasificación esixida non correspondía exactamente á necesaria para a licitación. A clasificación que debe esixirse é a correspondente ós subgrupos 3 ou 8, e non soamente ó 8 como se solicitaba na anterior convocatoria. Por todo iso, resolvo anula-la convocatoria para a licitación da asistencia técnica publicada no DOG número 103, do 31 de maio de 1995, e proceder a unha nova publicación da convocatoria coa clasificación correcta.

Obxecto: contratación da asistencia técnica consistente no deseño, instalación, montaxe e atención dun stand institucional da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, na feira Anuga-Colonia, World Food Market en Alemaña de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso.

Orzamento de licitación: vintecinco millóns de pesetas (25.000.000 de ptas.).

Prazo de execución: seis de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

Clasificación: grupo III, subgrupo 3 ou 8, categoría C.

Fianza provisional: cincocentas mil pesetas (500.000 ptas.).

Fianza definitiva: un millón de pesetas (1.000.000 de ptas.).

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto, así como o prego de cláusulas administrativas particulares, estarán a disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina na Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), ou en calquera das vías admitidas polo artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, antes das 14 horas do día 26 de xullo de 1995.

A apertura de proposicións terá lugar o día 28 de xullo de 1995, ás 12 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes