Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 30 de xuño de 1995 Páx. 5.211

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 1995, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia concurso público para a adquisición dun ecógrafo, un equipo portátil de Raios X e un negatoscopio mural.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no apartado f do artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG número 191, do 3 de outubro), convoca o seguinte concurso público para a adquisición dun ecógrafo, un equipo portátil de R.X. e un negatoscopio mural.

Obxecto e orzamento: a adquisición dun ecógrafo, un equipo portátil de R.X. e un negatoscopio mural, por un orzamento de dezasete millóns de pesetas (17.000.000 de ptas.), incluído o IVE.

Prazo de entrega: os equipos obxecto do presente concurso público deberán de ser entregados no prazo de un mes no complexo hospitalario.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa, s/n. Teléfono (982) 29 65 52 e fax (982) 21 29 24.

Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de 340.000 ptas., e unha fianza definitiva do 4% do importe da adxudicación. As devanditas fianzas constituiranse segundo o disposto no artigo 112 da L.C.E. e 340 do seu regulamento.

Clasificación: non se precisa.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Complexo Hospitalario Xeral-Calde antes das 14 horas do vixésimo día hábil contado

a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do R.X.C.E.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola Mesa de Contratación, reunida en acto público na Sala de Xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Lugo, 5 de xuño de 1995.

Luis E. Vicente Sánchez

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Calde de Lugo