Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 03 de xullo de 1995 Páx. 5.259

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Personal de Cámaras Oficiales de Comercio, Industria y Navegación de la Comunidad Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Persoal de Cámaras Oficiales de Comercio, Industria y Navegación de la Comunidad Autónoma de Galicia, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: persoal o servicio de calquera cámara oficial de comercio, industria e navegación da Comunidade Autónoma de Galicia.

Asinan a acta de constitución: Rogelio Sanmartín de Jesús e varios.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

95-3771