Obxecto do contrato: esta poxa ten por obxecto a contratación das obras de abastecemento a Lira-Carnota de acordo co proxecto técnico redactado para o efecto.
Tipo de licitación: o tipo de licitación fíxase na cantidade de 13.028.734 pesetas.
Prazo de execución: a obra deberá executarse no prazo de tres meses, contados a partir de adxudicación definitiva.
Expediente: atópase na secretaría da corporación, onde se poderá examinar durante o prazo de presentación das proposicións.
Garantías: a provisional ascende a 260.575 pesetas, e a definitiva ó 4% do remate.
Presentación de propostas: farase no rexistro xeral do concello, en días hábiles de 9 a 14 horas, e dentro dun prazo de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio (contarase
a partir da última publicación no BOP ou DOG).
Apertura de propostas: terá lugar na Casa do Concello ás doce horas, do día hábil seguinte ó do remate do prazo sinalado no apartado anterior.
Prego de condicións: poden examinarse nas oficinas municipais.
Modelo de proposición:
Don/a..., con domicilio en... con DNI número... actuando en nome propio (ou en representación de... DNI ou NIF número..., e con domicilio en... rúa... número... telefono...) toma parte na poxa convocada polo Concello de Carnota e publicada no BOP e DOG número... e número... de datas... e..., para a execución da obra comprendida no proxecto de..., e para tales efectos fai constar:
1.-Que ofrece o prezo de... ptas., que significa unha baixa de... ptas., en relación co tipo de licitación.
2.-Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.
3.-Que acompaña nos correspondentes sobres a documentación esixida no prego de condicións.
En... o... de... de 1995.
O/A licitador/a (asinado e rubricado)
Modelo de sobres.
Sobre A: oferta económica.
Proposición para tomar parte na poxa das obras de... presentado por...
En... o... de... de 1995.
O/A licitador/a (asinado e rubricado)
Sobre B: documentación.
Proposición para tomar parte na poxa das obras de... presentado por...
O/A licitador/a (asinado rubricado)
O importe do presente anuncio será por conta da empresa adxudicataria.
En Carnota, 16 de maio de 1995.
Manuel S. Brea Beiro
Elcalde
95-3772