Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 03 de xullo de 1995 Páx. 5.259

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARNOTA

ANUNCIO de poxa.

Obxecto do contrato: esta poxa ten por obxecto a contratación das obras de abastecemento a Panchés-Carnota, de acordo co proxecto técnico redactado para o efecto.

Tipo de licitación: o tipo de licitación fíxase na cantidade de 12.510.086 pesetas.

Prazo de execución: a obra deberá executarse no prazo de tres meses, contados a partir da adxudicación definitiva.

Expediente: atópase na secretaría da corporación, onde se poderá examinar durante o prazo de presentación das proposicións.

Garantías: a provisional ascende a 250.202 pesetas, e a definitiva ó 4% do remate.

Presentación de propostas: farase no rexistro xeral do concello, en días hábiles de 9 a 14 horas, e dentro dun prazo de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio (contarase a partir da última publicación no BOP ou DOG).

Apertura de propostas: terá lugar na Casa do Concello ás doce horas, do día hábil seguinte ó do remate do prazo sinalado no apartado anterior.

Prego de condicións: poden examinarse nas oficinas municipais.

Modelo de proposición:

Don/a..., con domicilio en... con DNI número... actuando en nome propio (ou en representación de DNI ou NIF número..., e con domicilio en... rúa... número... teléfono ...) toma parte na poxa convocada polo Concello de Carnota e publicada no BOP e DOG número... e número... de datas... e..., para a execución da obra comprendida no proxecto de..., e para tales efectos fai constar:

1.-Que ofrece o prezo de... ptas. que significa unha baixa de... pesetas, en relación co tipo de licitación.

2.-Que coñece e acepta cantas obrigacións se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

3.-Que acompaña nos correspondentes sobres a documentación esixida no prego de condicións.

En... o ... de... de 1995.

O/A licitador/a (asinado e rubricado)

Modelo de sobre.

Sobre A: oferta económica.

Proposición para tomar parte na poxa da obra... presentada por...

En... o ... de... de 1995.

O/A licitador/a (asinado e rubricado)

Sobre B: documentación.

Proposición para tomar parte na poxa da obra... presentada por...

En... o ... de... de 1995.

O/A licitador/a (asinado e rubricado)

O importe do presente anuncio será por conta da empresa adxudicataria.

En Carnota o 16 de maio de 1995.

Manuel S. Brea Beiro

Alcalde

95-3899