Por orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 3 de setembro de 1991 recoñécese a mención Viño da Terra Ribeira Sacra para os viños producidos na devandita comarca vitivinícola e noméase un órgano rector.
A evolución que tanto na viticultura como na vinicultura da dita comarca se produciu desde a devandita data, así como a mellora na presentación e comercialización dos seus viños, fan aconsellable un empuxe adicional que conduza a unha presencia permanente no mercado dos viños producidos na dita comarca.
En consecuencia, a petición dos interesados e de conformidade co artigo 30.1º 3 e 4 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,
DISPOÑO:
Artigo 1º
Recoñécese con carácter provisional a denominación de orixe Ribeira Sacra para os viños producidos na dita comarca vitivinícola.
Artigo 2º
Noméase o seu consello regulador con carácter provisional que, por proposta dos sectores interesados, queda formado como a continuación se cita:
-Presidente:
José Manuel Rodríguez González.
-Vocais:
Polos productores:
Titulares:
Vicente Gallego Fernández.
Jesús Verao Pérez.
José Luis Rodríguez Gómez.
Evaristo Rodríguez López.
José María Gómez de Tejeiro.
Secundino Vicente Trincado.
Suplentes:
Luís Pardo Macía.
Juan Ángel Fernández Martínez.
Carlos Fenández Gurriarán.
Enrique Gómez López.
José Ledo González.
Óscar Figueiras Sánchez.
Polos elaboradores:
Titulares:
Manuel Gómez Guntiñas.
José Rodríguez Gómez.
César Enríquez Diéguez.
José Manuel Moure Moure.
Alfonso Regal Teijeiro.
José Moure Vázquez.
Suplentes:
José Ramón Casanova Fernández.
José Manuel Vila Valdés.
Carlos González Costoya.
Juan Carlos Varela Aguiar.
Mario Vázquez Regal.
Eladio Martínez Fernández.
Artigo 3º
O consello regulador provisional redactará o proxecto de regulamento específico da denominación, que elevará á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a súa aprobación se procede.
Artigo 4º
O consello regulador provisional elaborará os censos de viticultores e de adegas de elaboración, almacenamento e embotellado interesados en integrarse na denominación de orixe, integrando nos seus rexistros os inscritos nos rexistros da mención Viños da Terra Ribeira Sacra.
Artigo 5º
A indicación da denominación de orixe Ribeira Sacra non poderá ser mencionada nas etiquetas, documentación e publicidade destes viños ata que o seu regulamento particular sexa aprobado pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.
Disposición transitoria.
Primeira.-Durante a fase de funcionamento provisional da denominación de orixe Ribeira Sacra poderase seguir utilizando o nome xeográfico Ribeira Sacra xunto coa mención Viños da Terra, segundo o establecido na orde do Ministerio de Agricultura, Pesca
e Alimentación do 11 de decembro de 1986 pola que se establecen as regras de utilización de nomes xeográficos e da mención Viño da Terra na designación dos viños de mesa, modificada nos seus anexos I, II e III por Orde do 6 de outubro de 1992.
Segunda.-Durante o período transitorio o consello regulador provisional poderá utilizar un distintivo propio, que identifique os viños producidos polos inscritos nos censos citados no artigo 4, segundo as normas que aquel estableza.
Disposición derrogatoria.
Única.-Quedan derrogadas cantas normas de igual ou inferior rango se opoñan á presente orde.
Disposicións derradeiras.
Primeira.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Segunda.-Facúltase o directro xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias para dicta-las normas precisas para o desenvolvemento do establecido na presente orde.
Santiago de Compostela, 30 de maio de 1995.
Tomás Pérez Vidal
Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes
4740

