Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 07 de xullo de 1995 Páx. 5.400

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 1995, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se fai pública a relación provisional de beneficiarios das bolsas de especialización de titulados superiores no campo da investigacion mariña.

Rematado o proceso de selección das solicitudes de bolsas de especialización de titulados superiores no campo da investigación mariña, convocadas por Orde do 23 de xaneiro de 1995 (DOG nº 54 do 17 de marzo), procede, atendendo á proposta elaborada pola comisión de selección das ditas bolsas, facer pública a relación provisional de beneficiarios.

En consecuencia esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Facer pública a relación provisional de beneficiarios das bolsas de especialización de titulados superiores no campo da investigación mariña de conformidade co establecido na base sexta. 4, e que segundo a orde de puntuación son os que seguen:

Moroño Mariño, ÁngelesDNI: 35.455.192

Lastres Couto, Miguel ÁngelDNI: 35.308.560-H

Longa Portabales, Mª ÁngelesDNI: 36.083.326-Y

-Suplentes:

López Piñón, Mª JoséDNI: 32.762.644-H

Lamela Pérez, Mª TeresaDNI: 35.561.522-A

Pérez Álvarez, Silvia EvaDNI: 76.861.041-D

Segundo.-Contra esta resolución poderase formular reclamación no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ó de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 1995.

Ana Mª Gallego Castro

Directora xeral de Formación Pesqueira e Investigación

95-03867