Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 07 de xullo de 1995 Páx. 5.451

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se acorda dar publicidade ó acordo do 22 de febreiro de 1995, da Comisión Galega de Medio Ambiente, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación de granito ornamental da concesión derivada do permiso de investigación denominada Merlín nº 2554 sita en terreos do termo municipal de A Golada, provincia de Pontevedra, promovido por Pablo Ovidio Fernández Calvo.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro), de avaliación do impacto ambiental para Galicia, o delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra,

RESOLVE:

Dar publicidade, mediante a presente publicación, ó acordo do 22 de febreiro de 1995, da Comisión Galega de Medio Ambiente, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación de granito ornamental da concesión derivada do permiso de investigación denominada Merlín nº 2554 sita en terreos do termo municipal de Agolada, provincia de Pontevedra, promovido por Pablo Ovidio Fernández Calvo.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, á explotación dentro da cuadrícula mineira definida polos paralelos 42º 46' 40'' e 42º 47' 00'' norte, e

polos meridianos 8º 1' 40'' e 8º 2' 00'' oeste, e foi incorporada ó expediente do permiso de investigación Merlín nº 2554 encontrándose a disposición de calquera interesado nesta delegación provincial.

En Pontevedra, 24 de abril de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

3839