Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e certifico que nos autos de xuízo de divorcio nº 279/1994, seguidos neste xulgado por instancia de Antonio González Carbia, representado polo procurador García Brea, contra Concepción García Turnes, en ignorado paradoiro, se dictou a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva di literalmente:
«Sentencia. En Santiago de Compostela o dez de maio de mil novecentos noventa e cinco. Vistos por Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo de divorcio nº 279/1994, no que son partes, dunha, como demandante, Antonio González Carbia, representado nos autos polo procurador Darío García Brea e defendido polo letrado Santaló Junquera, e da outra, como demandada, Concepción García Turnes, maior de idade, ausente, con domicilio descoñecido e declarada en rebeldía.
Decido que, con estimación da demanda promovida polo procurador Darío García Brea, en nome e representación de Antonio González Carbia, contra Concepción García Turnes, en situación de rebeldía procesual, debo declarar e declaro disolto por razón de divorcio, con tódalas consecuencias legais, o matrimonio canónico que ambos contraeron en Santiago de Compostela o día sete de outubro de mil novecentos corenta e oito, e todo isto, sen facer especial pronunciamento en canto ás custas causadas no procedemento. Notifíqueselle-la presente sentencia ás partes facéndolles saber que contra ela poden interpor, ante este xulgado, recurso de apelación no termo de
cinco días a partir do seguinte á súa notificación, para ser resolta a Audiencia Provincial da Coruña, e que, dada a rebeldía da demandada, se lle notificará na forma que prevé a lei. Que unha vez firme esta resolución, se lle comunique ó Rexistro Civil de Santiago de Compostela, para a súa anotación na acta de matrimonio. Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación á causa, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».
E para que conste e sirva de notificación á demandada Concepción García Turnes, en ignorado paradoiro, expido a asino o presente edicto en Santiago de Compostela o dez de maio de mil novecentos noventa e cinco.
Rubricado
95-3937

