Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 07 de xullo de 1995 Páx. 5.450

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de citación (231/1995-05).

En virtude de resolución da xuíza substituta de primeira instancia dictada neste día en expediente de xurisdicción voluntaria sobre nomeamento de contador

partidor dativo do capital hereditario de Carmen Carrera García, que se segue perante este xulgado baixo o número 231/1995-05, por medio desta cítase a Dolores Carrera García, en paradoiro descoñecido, para que compareza neste Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, sito na rúa Algalia de Abaixo, número 24, segunda planta (pazo de xustiza), o día 20 de xullo, ás 10.30 horas, co obxecto de poñerse de acordo sobre o nomeamento de contador partidor dativo para a partición do capital hereditario da causante Carmen Carrera García. Queda advertida da obriga que ten de concorrer a este chamamento, baixo apercibimento de que, no caso de non comparecer, recaerá sobre ela o prexuízo a que houbese lugar en dereito.

En Santiago de Compostela o vintetrés de maio de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

95-3874