Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 07 de xullo de 1995 Páx. 5.450

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (47/1995-01).

Eu, María de la Fe Meitín Fernández, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas número 47/1995 por instancia de María Dolores García Lamoso e Julia Sieiro contra Josefina García Nieto, nas actuacións do cal en resolución desta data se acordou citar a Julia Sieiro co fin de que o día vinte de xullo ás 10.15 horas compareza perante este xulgado co fin de asistir á celebración do oportuno xuízo de faltas. Queda apercibida de que, de non verificalo, recaerá sobre ela o prexuízo a que houbese lugar en dereito e de que deberá comparecer asistida das probas que coide convenientes.

Para que conste e sirva de citación a Julia Sieiro, expido e asino en Santiago de Compostela o vintedous de maio de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

95-4119