María Luisa Montejo García, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira, certifico que nos autos de xuízo de faltas nº 423/1994, sobre lesións e danos, que se segue neste xulgado, se dicta a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva ten o teor literal seguinte:
«Sentencia nº 69/1995. En Negreira o doce de maio de mil novecentos noventa e cinco. Vistos por Francisco Serrano Arnal, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira e o seu partido, os presentes autos de xuízo de faltas arriba indicados, seguidos entre partes, dunha, e en representación da acción pública, o Ministerio Fiscal, e da outra, como denunciante-denunciado Julio Ricardo Castiñeira López e Ricardo López Brenlla, do que xa constan as demais circunstancias persoais, por unha suposta falta de lesións.
Decido que debo condenar e condeno a Ricardo López Brenlla como autor responsable dunha falta prevista e penada no artigo 582.1 C.P. á pena de cinco días de arresto menor e custas deste xuízo, e a que indemnice a Ricardo Castiñeira López en concepto de responsabilidade civil polos males morais e materiais padecidos na cantidade de setenta e cinco mil pesetas (75.000 ptas.) por lesións e secuelas, máis outras cincuenta e dúas mil novecentas pesetas (52.900) por danos e perdas.
Contra esta sentencia poderase interpor recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña, no termo do quinto día seguinte a aquel en que se practicase a última notificación, de conformidade co artigo 976 reformado pola Ley 10/1992, do 30 de abril, da Lei de axuizamento criminal.
Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».
Co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios deste xulgado, e para que sirva de notificación de sentencia ó demandado Ricardo López Brenlla, expido e asino o presente edicto en Negreira o doce de maio de mil novecentos noventa e cinco.
Mª Luisa Montejo García
Secretaria
95-3900

