De acordo co disposto na Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvovemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado polo Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, artigos 39 da Lei de procedemento administrativo e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, artigos 17 da Lei de expropiación forzosa e 56 do seu regulamento, texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, Lei 11/1985, do 22 de agosto, de adaptación da do solo a Galicia e demais normativa específica de aplicación, e para os efectos previstos no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de maio de 1993, polo que se designa a Consellería de Industria e Comercio como órgano competente por razón da materia para a tramitación da unidade de expediente e
resolución única do procedemento, sométese a información pública o proxecto de gasificación do noroeste: redes en Pontevedra, declarado de utilidade pública polo artigo 10 da devandita Lei 10/1987.
-Peticionario: Enagás, S.A., con domicilio en Avda. de América, nº 38, 28028 Madrid, titular da concesión administrativa outorgada por orde do conselleiro de Industria e Comercio do 12 de marzo de 1993 para a prestación do servicio público de conducción e subministración de gas natural para usos industriais no concello de Santiago de Compostela.
-Obxecto da petición: autorización administrativa e aprobación do proxecto rede de Santiago de Compostela.
A autorización administrativa que se solicita comportará, de acordo co que establecen os artigos 10 e 11 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, os beneficios da declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación urxente para o efecto de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións e da imposición e o exercicio da servidume de paso e doutras limitacións de dominio.
-Características das instalacións: a rede de Santiago de Compostela parte da posición denominada I-018 do gasoducto de transporte, no concello de Santiago de Compostela, onde se sitúa unha estación de regulación e medida tipo G-400. Desde a dita instalación arrinca unha rede de tipo ramificado que alimentará os distintos puntos de consumo formando un semianel ó redor do concello norte-leste-sur.
A calidade do aceiro utilizado nas conduccións será do tipo API-5L-Gr.B, con diámetros de 12" a 2", en función das condicións da explotación, dotadas de revestimentos externos e dispositivos de protección catódica, sendo a presión máxima do gas natural de 16 bar.
As conduccións foron deseñadas para transportar un caudal de 7.150 Nm3/h.
A lonxitude estimada da rede de Santiago de Compostela é de 15.672 m.
-Concello afectado: Santiago de Compostela.
-Orzamento: 238.030.000 ptas. (douscentos trinta e oito millóns, trinta mil pesetas).
-Afección a predios particulares: a afección a predios particulares derivada da construcción do gasoducto e as súas instalacións auxiliares concrétase na seguinte forma:
Primeiro.-Expropiación forzosa en pleno dominio dos terreos sobre os que se van construí-las instalacións fixas en superficie.
Segundo.-Para as canalizacións:
A) Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo de dous metros de largo, ó longo do gasoducto, por onde discorrerá enterrada a tubería ou tuberías que se requiran para a conducción do gas. Esta franxa estará suxeita ás seguintes limitacións:
1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta centímetros, así como de plantar árbores ou arbustos, a unha distancia inferior a dous metros contados desde o eixe da tubería.
2. Prohibición de realizar calquera tipo de obras ou efectuar calquera acto que poida danar ou perturba-lo bo funcionamento das instalacións, a unha distancia inferior a cinco metros do eixe do trazado, a un e outro lado del. Esta distancia poderá reducirse sempre que se solicite expresamente e se cumpran as condicións que en cada caso fixe o órgano competente da Administración.
3. Libre acceso do persoal e equipos necesarios para poder manter, reparar ou renova-las instalacións co pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.
4. Posibilidade de instala-los fitos de sinalización ou delimitación e os tubos de ventilación así como as obras superficiais ou subterráneas que cuumpran para a execución ou funcionamento das instalacións.
B) Ocupación temporal dos terreos necesarios para a execución das obras, da zona que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación e na que se fará desaparecer todo atranco, así como realiza-las obras necesarias para o tendido e instalación da canalización e elementos anexos, executando as obras ou operacións precisas para os ditos fins.
Terceiro.-Para o paso dos cables de conexión e elementos dispersores de protección catódica:
A) Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo de un metro de largo, por onde discorrerán enterrados os cables de conexión e os elementos dispersores de protección catódica, que estará suxeita á prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta centímetros, así como de plantar árbores ou arbustos e para realizar calquera tipo de obras, construcción ou edificación nunha franxa de terreo de tres metros de largo (1,5 metros a cada lado do eixe das instalacións), así como o dereito a tronzar ou arrinca-las árbores ou arbustos que houber a distancia inferior á indicada.
B) Ocupación temporal, como necesidade derivada da execución das obras, da zona que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación e na que se poderá facer desaparecer todo atranco, así como realiza-las obras necesarias para o tendido e a montaxe das instalacións ou operacións precisas para os ditos fins.
Cuarto.-Para as líñas eléctricas:
A) Servidume de paso de línea eléctrica aérea nunha franxa de terreo de dous metros de largo ó longo dela, que implicará:
1. Prohibición de levantar edificaciones ou construccións de calquera tipo, nin efectuar ningún acto que poida dana-lo bo funcionamento da liña nunha franxa de cinco metros de largo, contando como centro da franxa a liña de postes do tendido.
2. Prohibición de plantar árbores de gran porte nunha franxa de dous metros de largo.
3. Libre acceso do persoal e elementos necesarios para poder vixiar, manter, reparar ou renova-las instalacións co pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.
B) Ocupación temporal da superficie que se determina para cada predio nos planos parcelarios para realiza-las obras necesarias.
O proxecto inclúe planos parcelarios e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados.
O que se fai público para coñecemento xeral e especialmente dos propietarios de terreos y demais titulares afectados polo dito proxecto, que se relacionan ó final deste anuncio, para que poida ser examinado o expediente na Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela e na Delegación Provincial da Coruña, edificio de servicios múltiples de Monelos, primeira planta; poderanse presentar por triplicado nos ditos centros as alegacións que se xulguen oportunas, no prazo de vinte días a partir do seguiente ó da inserción deste anuncio.
Santiago de Compostela, 1 de xuño de 1995.
Joaquín del Moral Crespo
Director xeral de Industria
95-3064

