De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle, ás persoas que no anexo se mencionan, a incoación de expediente sancionador por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial.
Que así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mercedes Valdés Rodríguez.
O que se notifica, para ós efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.
Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o denunciado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achegar documentos ou achega-las probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolle que de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8-1993).
Pontevedra, 2 de maio de 1995.
Manuel Abeledo López
Delegado provincial de Pontevedra
ANEXO
-Expediente: P-29/95.
-Denunciado: Jesús Represas Cebreiro.
-Último enderezo coñecido: Xinzo, Parada, Ponteareas.
-Feito denunciado: pescar a man lamprea no río Tea o día 18-2-1995.
-Precepto infrinxido: artigo 34.11º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.
-Precepto sancionador: artigo 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.
-Sanción: 50.001 ptas. Inhabil. 1 ano.
9503511

