Este rectorado, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar concurso público, procedemento aberto, para a adxudicación da subministración que a continuación se indica:
Obxecto: espectrómetro FT-Raman con microscopio.
Orzamento de licitación: 23.000.000 de ptas., IVE incluído.
Garantía: fianza provisional, 460.000 ptas., 2% sobre o orzamento de licitación.
Prazo de execución: tres meses a partir do día seguinte ó da sinatura do contrato.
Prego de condicións: tódolos interesados poderán consultalos, ou solicita-lo seu envio por correo, ó Servicio de Xestión Económica e Contratación da Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1-2ª planta, C.P. 36201 Vigo (Pontevedra).
Lugar e forma de presentación: as propostas presentaranse no rexistro xeral da Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1-planta baixa, C.P. 36201 Vigo (Pontevedra) de 9 a 14 horas de luns a venres e de 9 a 13 horas os sábados.
Prazo de presentación: o prazo para a recepción das ofertas, comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE e rematará o 20 día hábil ás 14 horas.
Documentación que presentarán os licitadores: a especificada no prego de cláusulas administrativas.
Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas do rectorado, r/ Oporto, nº 1-1º planta, Vigo (Pontevedra), ás 11 horas do segundo día hábil seguinte a da data límite de presentación de propostas. (No caso de coincidir en sábado terá lugar o luns seguinte).
O importe deste anuncio correrá a cargo da empresa adxudicataria.
Vigo, 28 de abril de 1995.
(Resolución 13-3-1995)
José Pose Blanco
Vicerrector de Economía
95-2339

