Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 07 de xullo de 1995 Páx. 5.472

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

No BOP da Coruña, nº 40 do 17 de febreiro de 1995 (corrección de erros BOP nº 102, do 5 de maio), publicouse o seguinte:

-Convocatoria específica nº 1/93 (persoal laboral). Praza de técnico superior en informática.

-Convocatoria específica nº 1/94 (funcionarios de carreira). Praza de informático titulado medio.

-Convocatoria específica nº 5/94 (funcionarios de carreira). Praza de axudante de bibliotecas e arquivos (especialidade de bibiliotecas).

-Convocatoria específica nº 6/94 (funcionarios de carreira). Prazas de técnico especialistas en informática de xestión.

-Convocatoria específica nº 7/94 (funcionarios de carreira). Praza de operador de informática.

-Convocatoria específica nº 9/94 (funcionarios de carreira). Praza de axudante de bibliotecas e arquivos.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da publicación no anuncio de cada convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Despois da dita publicación, os sucesivos anuncios relativos a cada convocatoria publicaranse unicamente no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios deste concello.

P.D.

O alcalde

Rubricado

9504547