Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 07 de xullo de 1995 Páx. 5.472

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

A Alcaldía-Presidencia, con data 19 de maio do ano 1995, dictou resolución do seguinte teor literal:

«1. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa redactado polos servicios municipais que afecta á casa número 22 da rúa San Jorge e terreo adxunto a ela.

2. Optar para a execución do citado proxecto polo procedemento de taxación conxunta.

3. Somete-lo referido proxecto ó trámite de información pública polo prazo de un mes, mediante a inserción dos correspondentes anuncios en prensa e diarios oficiais, así como remitir notificacións persoais ós que neste momento aparecen como interesados, nos termos que prevé o artigo 219.4º do texto refundido da Lei do solo, para que durante o referido prazo os interesados poidan consulta-lo proxecto de expropiación nas dependencias do Servicio de Urbanismo do Concello da Coruña, de luns a venres, das 12 ás 13.30 horas, e presentar cantas alegacións estimen oportunas para defende-los seus dereitos».

O devandito proxecto afecta á seguinte relación de bens e dereitos:

-Terreo de 29,50 m. Ref. catastral 8232009. Propietario: Pablo Veiga Sánchez, enderezo: r/ Solana número 1, Perillo-Oleiros.

-Casa número 22 da rúa San Jorge, edificio de baixo e piso destinado a vivenda, superficie construída 208,70 m. Propietario: Pablo Veiga Sánchez, enderezo: r/ Solana número 1, Perillo-Oleiros.

-Dereito de arrendamento, San Jorge 22-1º D, Javier Nogueira Blanco.

-Terreo de 12 m. Ref. catastral 8232016.

Propietario: Manuel Prado Moure, enderezo: Martinete, 10 e 11.

A Coruña, 23 de maio de 1995.

P.D.

O alcalde

Rubricado

AVISO PARA OS ANUNCIANTES

PREZOS PARA A PUBLICACIÓN DE ANUNCIOS

NO DOG A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1995

(Decreto 335/1994, do 3 de novembro,

DOG do 10 do mesmo mes)

-Tramitación ordinaria: 300 pesetas/liña de 54 espacios.

-Tramitación urxente: 600 pesetas/liña de 54 espacios.