Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 17 de xullo de 1995 Páx. 5.714

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 10 de xullo de 1995 pola que se dispón o cesamento, por petición propia, de Antonio Lorenzo Rodríguez como presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro.

Por orde desta consellería, do 25 de xuño de 1992, por proposta do Pleno do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, foi designado presidente del Antonio Lorenzo Rodríguez.

De acordo co disposto no artigo 89 da Lei 25/1970, do 2 de decembro, do Estatuto da viña, do viño e dos alcohois, o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes é competente para efectua-lo nomeamento e cesamento dos presidentes dos consellos reguladores das denominacións de orixe, unha vez asumidas as funcións na materia en virtude do artigo 30.1º 3 e 4 do Estatuto de autonomía de Galicia.

Polo exposto, de conformidade co previsto anteriormente, e en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

O cesamento, por petición propia, de Antonio Lorenzo Rodríguez como presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 1995.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

4875