Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 31 de xullo de 1995 Páx. 6.068

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente nº: IN407A 95/22-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

-Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

-Denominación: L.M.T., C.T. estación radio Compañía Telefónica.

-Situación: Monte dos Corzos - Vilasantar.

-Características técnicas: derivada de liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoio formigón e conductdor LA-56, de 6 m de lonxitude, que parte da liña denominada Á fábrica de Aserpal e remate en monte dos Corzos. Centro de transformación tipo interior, de 50 kVA, para estación de radio T.M.T. da Compañía Telefónica Nacional de España. Vilasantar.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial,

RESOLVE:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 24 de maio de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4783