Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Luns, 04 de setembro de 1995 Páx. 6.782

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de notificación de sentencia (132/1995).

Elma Ojea Muñiz, secretaria da Administración de Xustiza en funcións no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santa Uxía de Ribeira, dou fe e testemuño, que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís, figura a que se insire no auto seguinte con encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Auto. Na cidade de Santa Uxía de Ribeira o vintesete de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Que polo procurador Arca Soler, en nome e representación de Juana María González Fernández, demandante en autos de separación matrimonial seguidos neste xulgado co número 132/1995, contra Juan Fernando Domínguez Rego, presentouse escrito de demanda no que a medio de outrosí digo solicitaba, ó abeiro do artigo 103 do Código Civil, a adopción das seguintes medidas provisionais: a separación dos cónxuxes.

En atención ó exposto, acordo, a separación provisional dos esposos, suspendéndose a vida en común dos casados, revogándose os consentimentos e poderes e cesando a posibilidade de vincular bens do outro cónxuxe no exercicio da potestade doméstica.

Non se fai expresa condena en custas.

Contra a presente resolución non cabe recurso ningún, pero a parte que se considere prexudicada no seu dereito poderá formular oposición ás medidas adoptadas, no prazo de oito días.

Así o manda e asina Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, xuíz en funcións do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santa Uxía de Ribeira, na data ó principio acordada».

A anterior resolución foi lida e publicada polo xuíz que o subscribe na audiencia pública do mesmo día da súa data.

E para que así conste e para que sirva de notificación en forma ó demandado en situación procesual de rebeldía, Juan Fernando Domínguez Rego, expido e asino a presente en Santa Uxía de Ribeira o vintesete de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

95-4892