Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Luns, 04 de setembro de 1995 Páx. 6.782

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (190/1993).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza, con destino no xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela.

Dou fe de que nos autos de que se fará mérito se dictou a sentencia que ten como encabezamento e parte dispositiva o seguinte:

Sentencia: En Santiago de Compostela o cinco de xullo de mil novecentos noventa e tres.

Vistos os presentes autos de xuízo de faltas, seguidos neste xulgado co número 190/1993 e seguido por lesión sen agresión, entre partes, denunciante: Beatriz Consuelo Campos Fernández, natural de Cruces-Insua, maior de idade, filla de Armindo e de Consuelo, con domicilio nesta cidade, r/Villaldía, número 55, denunciado: Faustino Villasante Gómez, natural de Melide, fillo de Eduvino e de Dolores, con domicilo nesta cidade r/ Villaldía, número 46, e no que foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido: que debo absolver e absolvo libremente do feito orixe destas actuacións a Faustino Villasante Gómez, con declaración das custas de oficio.

Esta sentencia é apelable perante a Audiencia Provincial no prazo dos cinco días seguintes ó da súa notificación, e deberá formalizarse o recurso por escrito neste xulgado conforme os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que así conste e lles sirva de notificación en legal forma a Beatriz Consuelo Campos Fernández e Faustino Villasantea Gómez, o cal se acha en ignorado paradoiro, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vintecatro de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

95-4893