Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Luns, 04 de setembro de 1995 Páx. 6.783

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (237/1993).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretaria da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela,

Dou fe de que nos autos de que se fará mérito, se dictou a sentencia, que ten como encabezado e parte dispositiva o seguinte:

Sentencia: En Santiago de Compostela o seis de setembro de mil novecentos noventa e tres.

Vistos os presentes autos de xuízo de faltas seguidos neste xulgado co número 237/1993 e seguido por ameazas, entre partes, denuniante-ado: Manuel Castro Martínez, natural de Santiago de Compostela, maior de idade, fillo de Manuel e de Carmen, con domicilio en Meixonfrío, número 68 de Santiago de Compostela; Ramón Bustelo Arufe, natural de Brión, maior de idade, fillo de Arturo José e Carmen, con domicilio en Meixonfrío, número 68; Ramón Suárez Suárez, natural de Boqueixón, maior de idade, fillo de José e Dolores, con domicilio en Cruce de Picaños, número 16 de Santiago de Compostela, e no que foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido: que debo absolver e absolvo libremente do feito orixe destas actuacións a Ramón Suárez Suárez, con declaración das custas de oficio.

Esta sentencia é apelable perante a Audiencia Provincial, no prazo dos cinco días seguintes ó da súa notificaicón, e deberá formalizarse o recurso por escrito neste xulgado conforme os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e sirva de notificación en legal forma a Ramón Suárez Suárez, o cal se acha en igno

rado paradoiro, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vintecatro de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

95-4895