Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Luns, 04 de setembro de 1995 Páx. 6.783

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (314/1993).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela.

Dou fe de que nos autos dos que se fará mérito se dictou a sentencia cun ancabezado e parte dispositiva que din así:

Sentencia.- En Santiago de Compostela o catorce de decembro de mil novecentos noventa e tres.

Vistos os presentes autos de xuízo de faltas, seguidos neste xulgado co número 314/1993 e seguido por ameazas, entre partes, denunciante-ado: Sandra María Calvo Lago, maior de idade, natural de Santiago de Compostela, con domicilio na rúa Trisca, nº 15-1º, de Santiago de Compostela; Mario Vázquez García, maior de idade, natural de Santiago de Compostela, con domicilio na r/ Trisca, nº 15-1º, de Santiago de Compostela; e no que foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido: Que debo absolver e absolvo libremente do feito orixe destas actuacións a Mario Vázquez García, con declaración das custas de oficio.

Esta sentencia é apelable perante a Audiencia Provincial no prazo dos cinco días seguintes ó da súa notificación e deberá formalizarse o recurso por escrito neste xulgado, conforme os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

E, para que así conste e lles sirva de notificación en legal forma a Sandra María Calvo Lago e Mario Vázquez García, que se atopan en ignorado paradoiro, expido, selo e asino a presente cédula, en Santiago de Compostela o vintecatro de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

95-4894