Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Luns, 04 de setembro de 1995 Páx. 6.783

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (420/1993).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela.

Dou fe de que nos autos dos que se fará mérito se dictou a sentencia cun encabezado e parte dispositiva que din así:

Sentencia: En Santiago de Compostela o oito de febreiro de mil novecentos noventa e catro.

Vistos os presentes autos de xuízo de faltas, seguidos neste xulgado co número 420/1993 e sobre insultos, entre partes, denunciante: Antonio Gómez Rosende,

maior de idade, natural de Tordoia, fillo de Jesús e Manuela, con domicilio nesta cidade, r/ Algalia de Arriba, nº 7; denunciado: Servando Horta Agra, maior de idade, natural de Lousame, fillo de Desiderio e Filomena, con domicilio nesta cidade, albergue de San Francisco; e no que foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido: Que debo absolver e absolvo libremente do feito orixe destas actuacións a Servando Horta Agra, con declaración das custas de oficio.

Esta sentencia é apelable perante a Audiencia Provincial no prazo dos cinco días seguintes ó da súa notificación e deberá formalizarse o recurso por escrito neste xulgado, conforme ós artigos 795 e 796 da Lei de axuízamento criminal.

E, para que conste e lle sirva de notificación en legal forma a Servando Horta Agra, quen se atopa en ignorado paradoiro, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vintecatro de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

95-4891