Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Luns, 04 de setembro de 1995 Páx. 6.784

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (533/1993).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela.

Dou fe de que nos autos dos que se fará mérito se dictou a sentencia cun encabezado e parte dispositiva que din así:

Sentencia: en Santiago de Compostela, o catorce de decembro de mil novecentos noventa e tres.

Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas tramitados perante este xulgado co número 533/1993, seguido por lesións, entre partes: denunciante: Dolores Noya González, maior de idade, natural de Trazo, filla de Jesús e María, con domicilio nesta cidade, r/ Pexigo de abaixo número 21- baixo C; denunciado: José Liñares García, maior de idade, natural de Val do Dubra, fillo de José e Mercedes, con domicilio nesta cidade, r/ Loureiros nº 6-1º; e no que foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido: que debo absolver e absolvo a José Liñares García das faltas de maltrato de obra e insultos que se lle imputan, con declaración das custas de oficio.

Esta sentencia é apelable perante a Audiencia Provincial no prazo dos cinco días seguintes ós da súa notificación e deberá formalizarse o recurso por escrito neste xulgado, conforme ós artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E, para que así conste e lle sirva de notificación en legal forma a Dolores Noya González, quen se atopa en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vintecatro de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

5082