Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Luns, 04 de setembro de 1995 Páx. 6.784

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (20/1993).

En virtude do acordado en providencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nº seis de Santiago de Compostela con esta data, no procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria seguido co número 20/1993, a instancia da Caixa de Aforros Provincial de Ourense, representada pola procuradora Sánchez Silva contra Jesús Ces Pazos e María Fernanda Cores Amigo, en reclamación dun préstamo con garantía hipotecaria, sácase a pública poxa, por primeira vez, o seguinte predio :

Vivenda sinalada coa letra A da planta terceira. Anexos: rocho e praza de garaxe. Número trece. Inscrita no rexistro da propiedade de Padrón, tomo 484,libro 148, folio 162, predio número 15.209, inscrición 7a.

O remate terá lugar na sala de audiencia deste xulgado o día dezasete de outubro, ás dez horas, previndo os licitadores das seguintes condicións:

Primeira: o tipo de poxa é de sete millóns novecentas oito mil seiscentas vinteunha pesetas, fixado na escritura do préstamo e non se admitirán ofertas que non cubran a dita cantidade.

Segunda: que, para tomar parte na poxa, deberán consigna-los licitadores previamente na conta de consignacións deste xulgado, aberta no banco Bilbao-Vizcaya, co nº 1500-18-002093, o 20% da dita cantidade e non serán admitidos sen o dito requisito.

Terceira: que os autos e certificacións ós que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria, estarán de manifesto na secretaría deste xulgado e entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación aportada.

Cuarta: que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do actor, continuarán subsistentes e entenderase que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

De non haber postores na primeira poxa, sinálase para a segunda o día dezaseis de novembro, ás dez

horas, para a que servirá de tipo o 75% da valoración, e celebrarase terceira poxa, se é o caso, o día dezaoito de decembro, ás dez horas, sen suxeición a tipo.

Dado en Santiago de Compostela o 8 de xuño de 1995.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

9505633