Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Luns, 04 de setembro de 1995 Páx. 6.785

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Reperfilado con mestura asfáltica C-543 Santiago de Compostela-Noia p.k. 9,46/10,26. Ramal C-543 a Negreira p.k. 9,475/14,400.

Adxudicatario: Ponciano Nieto.

Orzamento: 40.854.798 ptas.

Alargamento de plataforma e reforzo de firme LC-424. Camiño de Ponteceso a Corme p.k. 1,700/3,400.

Adxudicatario: Construcciones López Cao, S.L.

Orzamento: 17.049.809 ptas.

Apertura e urbanización da C-1 do enlace coa C-2 en Bandeira-Silleda (Pontevedra).

Adxudicatario: Jesús Castro Puente.

Orzamento: 42.475.000 ptas.

Mellora do firme con mestura bituminosa en quente, varias estradas da zona sur da provincia de Lugo.

Adxudicatario: Ramón Cortizo Lois.

Orzamento: 37.400.000 ptas.

Alargamento e mellora da estrada C-641. Treito: Igrexafeita-Espiñaredo.

Adxudicatario: Cuíña, S.L.

Orzamento: 345.031.549 ptas.

Asistencia técnica as expropiacións da obra de alargamento e mellora do treito Lalín-Vila de Cruces.

Adxudicatario: Inor, S.A.

Orzamento: 9.720.000 ptas.

Urbanización da zona de servicio no porto de Meloxo (O Grove).

Adxudicatario: Copdisa.

Orzamento: 24.886.065 ptas.

Estación marítima de pasaxeiros no embarcadoiro de Goián no río Miño.

Adxudicatario: Construcciones Josybem, S.L.

Orzamento: 12.185.584 ptas.

Asistencia técnica para o proxecto de construcción da nova estrada de enlace da autoestrada do Val Miñor coa C-550. Treito: Baiona.

Adxudicatario: Interurban, S.A.

Orzamento: 11.800.000 ptas.

Dique aboiante e pantalán no refuxio de Aguete.

Adxudicatario: Fomento de Construcciones y Contratas, S.A.

Orzamento: 130.567.657.

Asistencia técnica as expropiacións da vía de alta capacidade do Val Miñor (II). Termo municipal: Gondomar e Vigo.

Adxudicatario: Topogray, S.L.

Orzamento: 12.960.000 ptas.

Pantalán aboiante en Bueu.

Adxudicatario: Alfer Metal, S.A.

Orzamento: 8.404.936 ptas.

Asistencia técnica redacción proxecto do acondicionamento da AC-443 Negreira-Brandomil. Treito: A Pereira-Brandomil.

Adxudicatario: Proyfe, S.L.

Orzamento: 6.849.343 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto por fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 1995.

P.D. (13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

5265