Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Luns, 09 de outubro de 1995 Páx. 7.487

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Faro de Vigo, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Faro de Vigo, S.A., da provincia de Pontevedra que tivo entrada nesta delegación provincial o día 20-6-1995, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, 13-6-1995. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta

nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 11 de xullo de 1995.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Texto do convenio colectivo de Faro de Vigo, S.A. e os seus traballadores para 1995

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O ámbito de aplicación do presente convenio é o da empresa e por iso afecta unicamente ós centros de traballo de Faro de Vigo, S.A.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O convenio afecta á totalidade do persoal fixo que preste servicios na empresa, tanto se realiza a súa función técnica ou adminstrativa como se só prestan un esforzo físico ou de atención. O persoal de calquera categoría que no sucesivo entre a prestar servicios na empresa quedará sometido a este convenio.

Artigo 3º.-Vixencia e duración.

As normas deste convenio terán vixencia desde a data da súa publicación ata o 31 de decembro de 1995. Non obstante os efectos económicos comezarán desde o primeiro de xaneiro último e ata o 31 de decembro de 1995.

Artigo 4º.-Denuncia do convenio.

Extinguido o período de vixencia, o convenio entenderase prorrogado de ano en ano, perdendo vixencia soamente as súas cláusulas obrigacionais, manténdose en vigor o seu contido normativo, agás se algunha das partes que o subscribisen o denunciase cunha antelación de 3 meses á expiración da súa vixencia ou de calquera das prórrogas.

Artigo 5º.-Vixilancia e cumprimento do convenio.

De conformidade co establecido no artigo 85 d) do Estatuto dos traballadores constituirase unha comisión paritaria para a vixilancia e cumprimento deste convenio, que estará integrada por tres representantes designados pola empresa e tres traballadores designados polo comité.

Artigo 6º.-Réxime de traballo.

É facultade exclusiva da empresa canto se refire á organización práctica do traballo nela. Por conseguinte, á empresa correspóndelle a distribución do persoal, de acordo coa súa categoría profesional e o cambio dos seus labores, cando por causas xustificadas así o aconselle o interese da propia empresa.

Igualmente será facultade da empresa modifica-los horarios de todos e cada un dos traballadores por conveniencia do servicio, logo de informe ó comité de empresa. De existir disparidade de criterios haberá que aterse ó disposto no artigo 41 do Estatuto dos traballadores.

A xornada de traballo na empresa é a sinalada no artigo 71 da ordenanza laboral de traballo en prensa, co criterio semanal do Estatuto dos traballadores.

Artigo 7º.-Clasificación do persoal.

Segundo a permanencia ó servicio da empresa e función desempeñada, será clasificado o persoal que preste a súa actividade nela. Clasificarase en fixo e a tempo parcial ou celebrando contratos de duración determinada.

Persoal fixo: é aquel que precisa de modo permanente para realizar traballos de tal carácter.

Persoal contratado a tempo parcial ou con contratos de duración determinada: son os definidos e a que se refiren os artigos 12 e 15 do Estatuto dos traballadores, en relación coas disposicións vixentes de concordancia.

Artigo 8º.-Organización da producción.

As partes que interveñen neste convenio, empresa e traballadores determinan de común acordo que a productividade tanto da man de obra como a dos demais factores que interveñen na empresa, constitúe un dos medios principais para a elevación do nivel de vida.

Artigo 9º.-Retribución do persoal.

As cantidades percibidas polos traballadores o 31 de decembro de 1994, que corresponden a conceptos retributivos que veñen sendo mellorados polo convenio colectivo do dito ano e anteriores, aumentarase nun 4% (catro por cento) desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 1995.

Artigo 10º.-Plus de nocturnidade.

Os traballadores que dun modo continuo ou periódico presten os seus servicios entre as 22 e as 6 horas percibirán en concepto de plus de nocturnidade o 20% do salario ordinario. Este plus, nas diversas modalidades e contías establecidas, regularase polo disposto no artigo 60 da ordenanza laboral de traballo en prensa, aprobada por Orde do 9 de decembro de 1973, rectificada, e a nova redacción dada ó dito texto legal pola Orde do 23 de maio de 1977.

Non obstante, percibirase o plus de nocturnidade na vacación anual regulamentaria que regula o artigo 63 da citada ordenanza, pola mesma cantidade que a acreditada no anterior mes de actividade normal a aquel no que se desfrute a dita vacación regulamentaria de 30 días naturais ininterrompidos.

Artigo 11º.-Permisos.

As ausencias ó traballo con dereito a remuneración que -logo de aviso e xustificación- o artigo 37.3º b) da Lei 8/1980, do 10 de marzo, concede ó

traballador no caso de enfermidade grave ou falecemento de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade, establécese por un período de tres días, ampliable a cinco días se precisa facer un desprazamento para o efecto. Así mesmo, a ausencia prevista por causa de traslado de domicilio do artigo 37.3º c) do Estatudo dos traballadores, con dereito a remuneración, establécese en dous días.

Artigo 12º.-Vacacións.

Todo o persoal suxeito a este convenio desfrutará dunha vacación anual retribuída de 30 días naturais ininterrompidos, de acordo co artigo 63 da vixente ordenanza laboral de traballo en prensa e, precisamente, entre os meses de maio a outubro, ambos incluídos. A empresa incrementará este período de vacacións en tantos días laborables (a desfrutar separadamente dos trinta regulamentarios) como festas aboables e non recuperables traballase o traballador, de acordo co parágrafo segundo do artigo 64 da ordenanza laboral de traballo en prensa e a lexislación vixente.

Así mesmo, concédeselle unha gratificación a todo o persoal, na data de comezo das súas vacacións regulamentarias, que será de 47.500 (corenta e sete mil cincocentas) pesetas brutas, para o persoal que realiza unha xornada de 6 horas; e 31.000 (trinta e unha mil) pesetas brutas para o que realiza unha xornada de 2 horas.

Artigo 13º.-Pagas extraordinarias.

Haberá que aterse ó disposto no artigo 62 da vixente ordenanza laboral de traballo en prensa.

Artigo 14º.-Participación en beneficios.

Aboaranse segundo o establecido no artigo 65 da ordenanza laboral de traballo en prensa.

Artigo 15º.-Complemento por enfermidade ou accidente.

En caso de baixa por enfermidade ou accidente de traballo, o persoal percibirá unha cantidade complementaria (consistente na diferencia entre as remuneracións líquidas que percibe en activo e as percepcions que lle corresponden da Seguridade Social), nas datas que a xuízo do servicio médico da empresa non se atope en condicións de asistir ó traballo a causa de enfermidade ou accidente.

Artigo 16º.-Axudas por falecemento.

Por causa de falecemento do traballador, cónxuxe, ou fillos que convivan ás súas expensas, a empresa satisfará ós seus herdeiros legais a cantidade equivalente a tres mensualidades netas, servindo de base para o cálculo desta axuda a última mensualidade pagada. Cando faleza o cónxuxe, ou fillos e pais que convivan a expensas do traballador, condonarase o total da nota necrolóxica publicada e da de gracias, no tamaño habitual de tres columnas.

Nos mesmos casos a nota necrolóxica do primeiro aniversario será gratuíta. No caso de familiares de segundo grao, bonificarase co 50%.

Artigo 17º.-Pensión complementaria de xubilación.

1. Recoñecemento: o persoal que ingresase na empresa con anterioridade ó asinamento do presente convenio colectivo terá dereito ó recoñecemento dunha pensión complementaria e con cargo á empresa, se no momento de obte-la pensión de xubilación do réxime da Seguridade Social ten 64 anos de idade e 20 anos, como mínimo, de servicio na empresa.

2. Requirimentos de xubilación: o persoal con 64 anos de idade e 34 anos de servicio poderá ser requirido pola dirección da empresa para que solicite a xubilación. Se o traballador se negase a acepta-lo requirimento de xubilación que a dirección da empresa lle formule, perderá os beneficios deste complemento.

A empresa queda facultada para xubilar coa pensión máxima complementaria de xubilación ó persoal con 64 anos de idade e que a dita idade teña completado o período mínimo de cotización para causar dereito a pensión de xubilación. Neste último caso, o acordo da dirección da empresa será comunicado ó comité de empresa en pleno e este poderá solicita-la súa revisión da dirección.

3. Contía: a contía da pensión complementaria de xubilación de cada traballador que acredite este dereito será igual ó importe da diferencia entre o resultado de aplica-la porcentaxe de pensión que lle corresponda, segundo anos de servicio á empresa, ó total de percibos líquidos por tódolos conceptos (agás as horas extraordinarias e o complemento funcional dominical) e as prestacións que por este concepto lle sexan recoñecidas na Seguridade Social, por aplicación da Lei de pensións, do 31 de xullo de 1985 e Real decreto 1799/1985, do 2 de outubro, que a desenvolve.

As porcentaxes de pensión, segundo os anos de servicio, son os seguintes:

Anos de servicioPorcentaxe

2080,00%
2181,42%
2282,84%
2384,26%
2485,68%
2587,10%
2688,52%
2789,94%
2891,36%
2992,78%
3094,20%
3195,62%
3297,04%
3398,46%
34100%

Non son aplicables, por tanto, os beneficios aquí establecidos para o persoal que ingrese na empresa con posterioridade ó asinamento deste convenio colectivo.

Artigo 18º.-Transporte.

O plus de transporte será incrementado de maneira que as actuais 395 (trescentas noventa e cinco) pesetas

que percibe por día cada traballador afectado, pasarán a ser 411 (catrocentas once) pesetas por día que acuda ó traballo e con efectos retroactivos ó 1 de xaneiro de 1995.

Tamén con efecto retroactivo ó 1 de xaneiro de 1995 e por cada día que acudan ó traballo, os traballadores que viñan desfrutando do plus de transporte en contía de 194 (cento noventa e catro) pesetas, pasarán a percibir 202 (duascentas dúas) pesetas polo dito concepto.

As repartidoras percibirán a cantidade de 88 (oitenta e oito) pesetas por cada día que acudan ó traballo e en concepto de complemento de desprazamento, con efecto 1 de xaneiro de 1995.

Artigo 19º.-Condicións máis beneficiosas.

Serán respectadas tódalas condicións establecidas que sexan máis beneficiosas para o traballador.

Artigo 20º.-Compensación, absorción e vinculación á totalidade.

As melloras económicas que establece este convenio serán absorbidas e compensadas en cómputo anual pola empresa, de conformidade coa lexislación vixente, con calquera mellora de calquera clase e xénero que fose incluída, toda clase de primas, incentivos, pluses, gratificacións, horas extraordinarias e percepcións análogas establecidas ou que voluntariamente se pactasen neste convenio colectivo, contrato individual de traballo ou costume.

Queda expresado, acordado e convido, que as melloras de toda índole que, no futuro, sexan concedidas por disposición legal, serán soamente aplicables no caso de que sexan superiores ás contidas neste convenio e só no que exceda; ou sexa, serán absorbidas e compensadas en cómputo anual ata o exceso.

Ámbalas partes conveñen en que as normas deste convenio constitúen un todo orgánico e indivisible.

Artigo 21º.-O salario base.

Das categorías profesionais establecidas no artigo 53 da ordenanza laboral de traballo en prensa, vixente, aprobada por Orde do 9 de decembro de 1976 (rectificada), queda substituído polos que se relacionan na seguinte táboa, resultante de incrementar nun 4% os salarios vixentes o 31-12-1994 e cun aumento que se detrae do plus convenio devengado polos traballadores:

CATEGORÍASPESETAS

TécnicosMensual
Técnico titulado de grao superior164.448
Técnico titulado de grao medio99.468
Técnico non titulado87.330
Debuxante proxectista81.616
Radiotelegrafista88.281

CATEGORÍASPESETAS

Radiotelefonista73.048

RedacciónMensual
Subdirector164.448
Redactor xefe145.215
Redactor xefe de sección129.716
Redactor109.704
Axudante de primeira97.802
Axudante preferente86.377
Axudante75.903

AdministraciónMensual
Xefe de sección109.704
Xefe de negociado97.802
Oficial de primeira86.377
Oficial de segunda75.903
Auxiliar70.548
Aspirante (16-18 anos)70.548
Xefe de equipo de informática109.704
Xefe de máquinas97.802

Servicios auxiliaresMensual
Telefonista70.548
Encargado de almacén86.377
Almaceneiro70.548
Cobrador-pagador70.548
Axente de vendas (Ax. informativas)70.548

Persoal subalternoMensual
Conserxe70.548
Porteiro70.548
Ordenanza70.548
Ciclistas e motoristas70.548
Gardas, serenos e vixiantes xurados70.548
Pesador basculeiro70.548
Mozo70.548
Persoal de limpeza70.548

OPERARIOS

Oficios propiosDiario
Xefe de taller (rexente)3.693
Xefe de sección3.335
Xefe de equipo2.907
Corrector2.803
Atendedor2.407

Composición, reproducción e impresiónDiario
Oficial primeira2.670
Oficial segunda2.407
Oficial terceira2.348

Reparación e montaxeDiario
Oficial primeira2.670
Oficial segunda2.407
Oficial terceira2.348

ManipuladoDiario
Oficial primeira2.407
Oficial segunda2.407
Oficial terceira2.348
Embuchadores maiores de 18 anos2.348

CATEGORÍASPESETAS

Especialistas2.348

Oficios auxiliaresDiario
Oficial primeira2.407
Oficial segunda2.348
Oficial terceira2.348

AprendizaxeDiario
Aprendiz de terceiro ano

(con 18 anos de idade)

2.348
Aprendiz de segundo ano

(con 18 anos de idade)

2.348
Aprendiz de primeiro ano

(con 18 anos de idade)

2.348
Peóns2.348

DistribuciónDiario
Xefe de vendas2.407
Axudante2.348
Atador2.348
Distribuidor2.348
Vendedor a xornal2.348

RepartoDiario
Repartidor (dúas horas)783

Os linotipistas, teclistas, perforistas, preferentes e correctores percibirán 30 pesetas máis diarias sobre as súas respectivas retribucións da táboa de salarios.

Os periodistas percibirán, ademais, unha asignación mensual de 7.650 pesetas, denominada «plus do artigo 48».

O soldo base dos subdirectores, redactores xefes, xefes de sección e redactores que presten servicios en réxime de libre disposición, incrementarase nun 35%, como mínimo, do sinalado na táboa.

Artigo 22º.-Horas extraordinarias.

De conformidade coa Orde do 1 de marzo de 1983, sobre cotización adicional á Seguridade Social por horas extraordinarias e para os efectos do disposto no artigo 7 do Real decreto 92/1983, do 19 de xaneiro, e Real decreto lei 1/1986, do 14 de marzo, a empresa e os seus traballadores, representados polo comité que intervén na negociación deste convenio, pactan:

a) Entenderase por horas extraordinarias estructurais as necesarias por pedidos imprevistos, períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda e outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza da actividade de prensa, isto é:

-As necesarias nas distintas seccións do periódico para lograr tódolos días de publicación a composición, confección, reproducción, impresión, cerre e distribución dos exemplares que compoñen a tirada, tanto na ordinaria como nas edicións especiais, números extraordinarios e suplementos.

-As necesarias por ausencias imprevistas de enfermidade ou accidente de traballo.

-As necesarias por cambios de quenda, implantación tecnolóxica, adestramento, perfeccionamento dos traballadores e adaptación ás novas técnicas de traballo en prensa.

-As necesarias para traballos extraordinarios de reparación, montaxe e limpeza de maquinaria de nova adquisición.

-E, calquera outra de natureza análoga, sempre que non poida ser substituída pola utilización das distintas modalidades de contratación previstas legalmente.

b) As representacións empresariais e do comité aceptan o contido e comprométense á observación da Orde do 1 de marzo de 1983, aludida anteriormente.

Artigo 23º.-Desfrute do exemplar gratuíto.

Os traballadores seguirán desfrutando do exemplar gratuíto despois da súa xubilación e, no caso de falecemento do traballador, desfrutarao o cónxuxe sobrevivente.

Artigo 24º.-Seguro colectivo de vida.

Os traballadores de Faro de Vigo, S.A., mentres permanezan no cadro de persoal da empresa, en situación activa, quedarán acollidos a un seguro de vida que cubrirá o risco de morte por causas naturais ou de accidente, polo importe de un millón cincocentas mil pesetas.

Artigo 25º.-Complemento funcional dominical.

As cantidades que perciben determinados traballadores da empresa por este concepto terán carácter de incentivo polo traslado do descanso semanal regulamentario; incrementándoselles este concepto en 500 (cincocentas) pesetas ó persoal con xornada completa e, en 200 (duascentas) pesetas ó persoal de reparto. Ámbolos aumentos desde o 1 de xaneiro e ata 31 de decembro de 1995.

Artigo 26º.-Unidades de negociación.

A representación das partes que negociaron, aproban e subscriben o texto deste convenio, está constituída da seguinte forma:

-Pola parte económica:

Carlos Fernández Pato e

José Antonio Carvajal Baños.

-Pola parte social:

María del Carmen Castro Mosquera.

María Luz Alonso González.

María Beatriz Iglesias Fernández.

Emilio García Vila.

Jaime Mintegui Rodríguez.

Carlos Rúa Fernández e

Gregorio López Muñoz.

Artigo 27º.-Cláusula derradeira.

Para todo o non previsto neste convenio haberá que aterse ó disposto na vixente ordenanza laboral de tra

ballo en prensa e nas disposicións laborais de carácter xeral.

Vigo, 13 de xuño de 1995.

-Pola empresa:

José Antonio Carvajal Baños, director financeiro.

Carlos Fernández Pato, administrador.

-Polo comité:

Jaime Mintegui Rodríguez.

María Luz Alonso González.

María del Carmen Castro Mosquera.

Emilio García Vila.

María Beatriz Iglesias Fernández.

Jaime Mintegui Rodríguez.

Carlos Rúa Fernández e

Gregorio López Muñoz.

95-06348