Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Luns, 09 de outubro de 1995 Páx. 7.511

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 1995, da Dirección Xerencia do Hospital Montecelo, pola que se anuncia a contratación para a adquisición de aparellos, dispositivos, instrumental e material informático, polo procedemento aberto mediante concurso público, con destino a cubrir necesidades no Hospital Montecelo.

A Dirección Xerencia do Hospital Montecelo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas con

forme o establecido no artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (DOG do 3 de outubro, número 191), convoca a seguinte contratación, para a adquisición de aparellos, dispositivos, instrumental e material informático polo procedemento aberto, mediante concurso público.

Obxecto e orzamento: a adquisición de aparellos, dispositivos, instrumental e material informático por un orzamento de vintecatro millóns trescentas oitenta e sete mil setecentas noventa e unha pesetas (24.387.791 ptas.), IVE incluído.

Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público entregaranse no prazo de corenta días contados a partir da data de formalización do contrato.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Subministración e Concursos do Hospital Montecelo, lugar de Mourente, s/n, 36071 Pontevedra, nos días laborables desde as 9 ata as 14 horas, ou ó teléfono número (986) 80 00 17 e fax (986) 80 00 01, durante o prazo de admisión das proposicións.

Fianzas: o 2% do orazamento de licitación, que se constituirá conforme co disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia económica e financeira: as empresas licitadoras acreditarán a súa solvencia económico-financeira por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratación das administracións públicas.

Solvencia técnica: acreditarase por algún dos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, de contratación das administracións públicas.

Criterios de adxudicación: a prioridade de criterios de adxudicación establecerase na seguinte orde:

1. Prezo-calidade.

2. Valor técnico.

3. Servicio pos-venda.

4. Prazo entrega.

5. Período garantía.

6. Contía futuro mantemento.

7. Características estéticas.

8. Custo utilización-rentabilidade.

Clasificación: non se esixe.

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Montecelo, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas realizarase pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Montecelo, ás dez horas do undécimo día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o mencionado día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Pontevedra, 31 de agosto de 1995.

Rafael Pérez-Santamarina Feijóo

Director xerente do Hospital Montecelo

95-6268