Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Luns, 09 de outubro de 1995 Páx. 7.512

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 1995 pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa do alugueiro do local sito na rúa da Coruña, número 24-2º B de Vigo, para instalación de servicios do Sergas.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma e 55.2º do seu regulamento e á vista das competencias que teño atribuídas con base no Decreto 199/1994, do 26 de xuño,

RESOLVO:

Facer público que por razón da peculiaridade do inmoble, xustifícase, logo da fiscalización da Intervención Delgada, a utilización do procedemento de contratación directa do alugueiro do local sito na rúa Coruña, número 24-2º B de Vigo para a instalación de servicios do Sergas.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 1995.

P.D. (Orde 15-9-1994)

Alberto Núñez Feijóo

Secretario xeral do Sergas

95-6470