Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Luns, 09 de outubro de 1995 Páx. 7.512

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 1995 pola que se anuncia concurso para a execución das obras comprendidas nos proxectos de captación de pluviais nas rúas Príncipe, Damas, San Francisco e as súas adxacentes.

Exponse ó público durante o prazo de oito días hábiles que determina o artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, o prego de cláusulas

administrativas particulares regulador do concurso para a execución das obras comprendidas no proxectos de captación de pluviais nas rúas Príncipe, Damas, San Francisco e as súas adxacentes.

Simultaneamente, e para o caso de que non se presenten reclamacións contra el, anúnciase a licitación, de acordo coas seguintes condicións:

Obxecto: execución das obras comprendidas nos proxectos de captación de pluviais nas rúas Príncipe, Damas, San Francisco e as súas adxacentes (Ref. 095/86/87/88).

A adxudicación do concurso dará lugar á celebración de tres contratos independentes por cada un dos proxectos mencionados e a licitación versará sobre o conxunto dos tres proxectos dando lugar a un só adxudicatario.

Orzamentos:

-Captación de pluviais na rúa Príncipe e adxacentes: 24.202.423 ptas. (IVE incluído).

-Captación de pluviais na rúa Damas e adxacentes: 30.372.616 ptas. (IVE incluído).

-Captación de pluviais na rúa San Francisco e adxacentes: 13.797.936 ptas. (IVE incluído).

Garantías: provisional, 1.367.457 pesetas; definitiva, 4% de cada orzamento.

Clasificación esixida: grupo C, subgrupo 5, categoría b. Grupo E, subgrupo 1, categoría e.

Modelo de proposición: as proposicións económicas especificarán o prezo ofertado de forma independente para cada proxecto, e axustaranse ó seguinte modelo:

Don/Dona... veciño/a de... con domicilio en... provisto/a de DNI número..., en representación de... con domicilio en.. (ou en nome propio), informado/a do anuncio de concurso para a contratación das obras comprendidas nos proxectos de captación de pluviais nas rúas Príncipe, Damas, San Francisco e as súas adxacentes e dos pregos de condicións que o regulan, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición optando á adxudicación polos seguintes prezos (IVE incluído) e no prazo de...:

-Captación de pluviais na rúa Príncipe e adxacentes: ... ptas.

-Captación de pluviais na rúa Damas e adxacentes: ... ptas.

-Captación de pluviais na rúa San Francisco e adxacentes: ... ptas.

En proba de aceptación de tales compromisos deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co resgardo que achego.

Data e sinatura do propoñente.

Presentación de proposicións: presentaranse en tres sobres pechados no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo, no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece. No caso de resultar

sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

No anverso dos sobres que conteñan a proposición consignarase o seguinte lema: Proposición que presenta... para optar ó concurso das obras comprendidas nos proxectos de captación de pluviais nas rúas Príncipe, Damas, San Francisco e as súas adxacentes (Ref. 095/86/87/88).

Prego de condicións: poderanse examinar e retirar copia na Unidade de Obras e Concesións, 2º andar do pazo municipal, praza de Mª Pita, número 1, 15001 A Coruña.

A Coruña, 27 de setembro de 1995.

O alcalde

Rubricado

9506471